SAÚDO DA COMISIÓN DE FESTAS DA GUÍA
Un ano máis vamos a organizar as festas en honra a Nosa Virxen da Guía, a ela lle pedimos que os nosos mariñeiros que navegan por todos os mares do mundo, lles de saúde e prosperidade e sobre todo que os traia a bo porto.
A verdade e que o organizar uns festexos da categoría que esta Comisión vos quere dar, require moito sacrificio para elo, e preciso traballar durante todo un ano xa que queremos lograr que os carreiráns se sintan orgullosos destos festexos.
En canto a facer un programa que sexa do gusto de todos e complicado máis nós estamos intentando o facelo así, pensando en xente de todas as idades, estamos entre outras cousas a contratar orquestras que aparte da sua categoría teñan repertorios do agrado de todos .
As festas dun pobo e ben certo que non son inprescindibles, pero si de un gran valor socio-cultural, axudan a disfrutar duns días de coio, tan necesarios nestes tempos en que vivimos, xa que por diferentes motivos, creemos que e necesario desconectar dos problemas que a diario podamos ter.
Carreiráns unámonos todos nestos días de festas, e poñamos todos algo da nosa parte e acordémonos da xente amiga e querida para que estén con nós nestes días, e así como con todos os que nos visiten leven un grato recordo de Carreira, para que cando marchen se vaian satisfeitos si así fose esta Comisión vería compensado o traballo realizado ao longo do ano..
Unha vez máis queremos agradecer a colaboración prestada a todos cantos fixeron posible estas festas.
A directiva.
SAÚDA DO AlCALDE DE RIVEIRA,
D. MANUEL RUIZ RIVAS
Queridos veciños e veciñas:
Un ano máis, as festas da Virxe da Guía en Carreira marcan o inicio da temporada de celebracións no noso municipio. Un amplo abano de actividades lúdicas e relixiosas animarán durante tres días cada recuncho desta fermosa parroquia, para satisfacción de veciños e visitantes, que sempre teñen neste acontecemento unha ocasión para o disfrute, o reencontro e a honra das tradicións.
Debo felicitar, como non, aos homes e mulleres que compoñen a Comisión de Festas, pois, sen o labor altruísta de persoas coma eles, a nosa vida en común perdería riqueza e alegría. Sempre digo que é a suma de vondades individuais o que nos fai medrar como colectividade. E nisto todos somos esenciais. Os maiores, que son memoria viva das nosas raíces. Os adultos, que temos a responsabilidade de pilotar neste intre o devir do pobo. Os mozos, dispostos a asumir un papel relevante na nosa sociedade. E os nenos e nenas, novos ollos para pousar unha nova mirada no futuro desta terra..
Como alcalde deste municipio, quero revalidar o meu compromiso de seguir traballando polo ben común impulsando cantas actuacións sexan necesarias, dende o punto de vista social, económico ou de infraestructuras. Labores como os de humanización realizados no Vilar ou Parte al Río, a construción dun novo Centro Multiusos, as prometedoras escavacións arqueolóxicas no Castro da Cidá ou a recuperación de lavadoiros como o do río Arxinde dan conta do afán deste Concello por propiciar un maior benestar e mellores expectativas.
Noraboa aos veciños que teñen a fortuna de habitar nesta marabillosa parroquia. Disfrutade destees días e pasade moi boas festas.
Manuel Ruiz Rivas
Alcalde de Riveira