CORRUBEDO
SAUDOS PARA TODOS PROGRAMA DAS FESTAS A LENDA DA GUIA  

 

 

A LENDA DA VIRXE DA GUIA

   Na lenda da Cidade de Valverde, un desalmado tirou unha xouba á cara do neno Xesus, cando a Virxe pedía esmola. A muller, apesarada e co meniño chorando, abando-ou Valverde, xa coas sombras da noite velando os camiños, dirixiuse a unha pequena casa dun outeiro veciño (Carreira). Unha vez alí chamou á porta. Saíu recibi-la unha señora ancíá. A boa muller acolleuna na súa casa, brindándo-lles, a ela e mais ao seu fillo, o pouco que tiña no seu fogar. Pero, dalgún xeito, notou algo sobrenatural naquelas dúas almas que cegaban coa escuridade da noite á súa humilde morada e matou unha pequena cuxa que tiña na corte, toda a riqueza que posuía. Con ela preparou unha opípara cea para os tres. A Virxe díxolle á súa anfotrioia que puxese todos os ósos grandes a un lado e os ósos pequeno ao outro. Ao levantarse pola mañá, a anciá comprobou que os seus convidados marcharan, pero no curral había tantas vacas coma ósos grandes e tanta xatas como ósos pequenos.

   Comprendendo que se obrara un milagre a muller descobre que eran a Virxe e o neno Xesús. A boa señora, inerpretado o mensaxe, exclamou: “¡Que a Virxe me guíe!” A anciá vendeu as vacas e as puchas e co importe obtido decidiu construir, no mesmo lugar onde ela tiña a súa himilde casa, unha capela dedicada a Virxe.

   Aos poucos días, un veciño que se viu en apuros debido a un gran temporal cando estaba pescando coa súa dorna no mar, exclamou: “Virxe querida, guía miña dorna ao porto de Abaixo” –antes era o peirao da vila de Carreira, que está a carón de Anquieiro.

   O mariñeiro chegou ao porto sen novidade e ao varar a embarcación viu unha peza de madeira arrastrada polas ondas. Colleu-na e comprobou estupefacto que era unha pequena imaxe da Virxe co Neno en brazos. Foi ás alancadas cara á anciá e díxolle: -“Xa teño a Virxe para  a túa capela” e logo contoulle-lo acontecido. A anciá respondeulle: -Ben, como nos guiou aos dous poñerémos-lle o nome da "Capela da Virxe da Guía”. Daquela conversa, saía a decisión de celebrar a festividade da patroa todos os anos o luns seguinte ao Domingo de Pentecostés.

   Os mariñeiros da zona sempre demostraron unha gran devoción pola Virxe da Guía. A romaxe celébrase por todo o alto cunha cita entre tódolos vecinos no santuario. Antigamente, tódolos asistente á exaltación do día da Virxe da Guía levaban marisco para celebraren a festa da súa patroa.

  
Tamén adoitaban comer o polbo que cocian alí as polbeiras nos seus caldeiros de cobre. Na actualidade, no dia da patroa consérvase únicamente a celebración da Eucaristía cada hora, e a festa popular pola noite.

HISTORIA DA FESTA DA GUÍA

A romaría da guía é o luns de Pentecostes en honra á Virxe. Ten varias lendas
referentes a súa orixe, unha delas conta que uns mariñeiros atoparon unha imaxe da
Virxe na praia de Aguiño e levárona ata o toxal da Guía onde a abandoaron porque
pesaba moito; anos despois foi atopada e levantaron nese mesmo lugar unha ermida.As festas de Nosa Señora de A Guía soen abranguer dous días; a aldea vestese de festa pagana pero garda un marcado carácter relixioso e ofícianse misas de 8 da mañá a 1 da tarde - cantada - e durante a tarde ás 6, 7 e 8. E as nove haberá misa e logo procesion da virxe polas ruas de Carreira polo percorrido habitual. As dúas xornadas de festexos son resultados da fusión doutro par de celebracións: o xa mencionado de A Guía e maila festa do Carme. Este ano hay tres días de festa da Guia, a data de hoxe non se sabe se vai a haber as festas de San PAIO: (26-27-28 de Xuño)

CARREIRA conta cunha poboación total de aproximadamente 2800 habitantes. Conta ca Parroquia de San Paio composta por dita igrexa e máis a levantada na patroa, Nosa Señora da Guía. A palabra Carreira significa "Vía de Carros" que era un topónimo moi usado en Galicia e Portugal.O luns de Pentecostes e o día que se celébra a festa a Nosa Señora da Guía (Por eso cada ano cambia de día) posto que depende da seman santa, corenta días despois de seman santa é o dia da GUIA (Pra os despistados cando na tele falen da virxen do Rocio é o mesmo día) e a comunidade vístese de festa

 

 

 

 

 

 

 

Páxina realizada por Costaweb S.C. - Diseño web, publicidade e informática (www.tputb149m5g0.es)